HomePolíticaO PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela rexistrou unha queixa formal no Concello para denunciar o incumprimento do calendario de plenos e a falta reiterada de acceso á documentación municipal. O seu voceiro, Miguel Ángel Fernández, advirte de que estas deficiencias dificultan o labor da oposición e esixe á alcaldesa que as corrixa de inmediato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos ordinarios en 2026, nos meses de abril e agosto, malia que a Corporación acordara convocalos cada dous meses, o último xoves dos meses pares. A esta situación súmase a falta de documentación dos asuntos sometidos ao pleno, “que non se facilita en tempo e forma ou se remite en formatos que impiden a súa correcta lectura e análise”, sinala o voceiro.

O PSdeG denuncia tamén que, desde o inicio do actual mandato, non lle consta a aprobación dun novo orzamento municipal. “Aínda que a alcaldesa sostén que as contas están prorrogadas”, o grupo socialista asegura que non recibiu a documentación solicitada sobre a prórroga, os créditos vixentes e as modificacións realizadas.

“A falta de organización e o desleixo do PP non poden impedir que a oposición fiscalice a xestión municipal. A alcaldesa ten que render contas: a información do Concello non é patrimonio do seu partido e facilitar o acceso a ela é unha obriga. A veciñanza de Triacastela merece saber como se xestionan os seus cartos, e nós imos seguir esixindo transparencia e explicacións por cada incumprimento do Goberno local”, conclúe Fernández

ÚLTIMAS

A UNED Sénior de Monforte ten prazo de matrícula aberto para dous novos cursos

O primeiro dos cursos, "Unha aproximación ao patrimonio histórico-artístico na Ribeira Sacra: máis alá...

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...