HomesociedadeA Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A Deputación destinará 250.000 euros ao Concello do Incio para axudar á rehabilitación da Casona, un inmoble emblemático situado no centro da vila que permitirá que sexa recuperado e posto a disposición da veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de 500.000€ en novas medidas de cooperación cos concellos, destinadas a recuperar o patrimonio, mellorar os espazos públicos e impulsar actuacións que repercuten directamente na calidade de vida da veciñanza.

Aprobouse un convenio de colaboración para a recuperación da Casona do Incio, “co que se desbloquea unha demanda histórica do municipio”, sinalou a deputada, Pilar García Porto e unha achega ao Concello de Castroverde para renovar e humanizar o barrio da Fortaleza.

A institución provincial destaca que tramitou o compromiso coa Casona do Incio en tempo récord, xa que levou o convenio á xunta de goberno tras aprobarse este martes no pleno da Deputación a cesión do inmoble. O acordo foi impulsado pola presidenta, Carmela López, e adoptado por unanimidade de toda a corporación provincial. “Agora é o Concello do Incio quen debe levar a cabo a recuperación do inmoble. A Deputación de Lugo é a primeira administración en dar luz verde á súa colaboración económica”, afirma.

O proxecto da Casona contempla a rehabilitación da planta baixa, a creación dun espazo semicuberto cunha pérgola de madeira, a mellora do xardín e dos espazos exteriores, así como a recuperación do antigo anexo e a construción dunha pista multideporte. A actuación abranguerá tanto o edificio como a súa contorna, situada no centro da vila e conectada coa Praza da Cruz.

ÚLTIMAS

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...