HomesociedadeCortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Os traballos desenvolveranse entre as 15:00 e as 17:00 horas e afectarán ao tramo comprendido entre a rúa Cardenal e o inicio da Ponte Nova. Establécense itinerarios alternativos para facilitar a circulación e minimizar as molestias durante a execución das obras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada no tramo comprendido entre o cruce da rúa Cardenal e a rotonda do Hórreo. As obras que se veñen executando contemplan o fresado do firme existente e a súa renovación integral, así como a posterior renovación da sinalización horizontal e vertical. Este proxecto, que supón a mellora dunha das principais arterias de circulación na cidade supón unha inversión de 174.279 euros.

Nunha primeira fase, os traballos comprenderán o asfaltado dos dous carrís de circulación da Avenida de Galicia, desde o cruce coa rúa Cardenal ata a entrada da Ponte Nova. Durante esta fase será necesario establecer o corte total da circulación neste tramo. Para facilitar a organización do tráfico, os puntos de corte estarán situados nos seguintes lugares:

  • Entrada da rúa Cardenal, á altura da glorieta.
  • Inicio da Avenida de Galicia, no cruce coa rúa Ourense.
  • Rúa Hortas, á altura da Ponte Vella.

Os accesos estarán debidamente sinalizados e valados, co obxectivo de garantir a seguridade tanto das persoas usuarias da vía como dos operarios que executan os traballos. Co obxectivo de minimizar as afeccións á circulación, establécense os seguintes itinerarios alternativos:

Para os vehículos afectados polo corte na rúa Cardenal, o desvío poderá realizarse a través da rúa Roberto Baamonde.

Para a circulación afectada pola Avenida de Galicia, os vehículos poderán desviarse á esquerda pola rúa Doutor Casares, agás os vehículos con masa máxima autorizada superior a 5 toneladas, ou á dereita pola rúa Ourense.

Para a circulación afectada pola rúa Hortas, o itinerario alternativo será a través da rúa Doutor Casares.

Durante o desenvolvemento das obras, o persoal da empresa encargada dos traballos estará presente nos puntos de corte para facilitar, sempre que as condicións de seguridade o permitan, o acceso aos vehículos que se dirixan aos vaos e garaxes situados na zona afectada. Estes accesos realizaranse de maneira puntual e controlada.

Unha vez que os traballos alcancen a zona da Ponte Nova, procederase á apertura ao tráfico do tramo inicialmente afectado e comezará a segunda fase. A partir dese momento, os traballos de asfaltado que se desenvolvan desde a Ponte Nova en dirección á rúa Chantada executaranse por fases e sobre un único carril, mantendo o carril restante habilitado para a circulación.

O tráfico será regulado de maneira alternativa, permitindo o paso nun e outro sentido segundo as necesidades dos traballos, mediante persoal encargado da regulación e a correspondente sinalización. O Concello agradece de antemán a colaboración e comprensión da cidadanía ante as molestias puntuais que poidan ocasionar estes traballos, necesarios para mellorar o estado e a seguridade da vía.

ÚLTIMAS

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...