A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, que levará ás comarcas da provincia preto de cen representacións teatrais. A deputada de Cultura, Iria Castro, expresou a súa satisfacción por “organizar un ano máis este Circuíto, que leva 18 anos tecendo unha rede de compañías de teatro afeccionado que foi medrando e consolidándose, espallando o teatro por todo o territorio”.
Nesta tempada participan do Circuíto de Teatro Afeccionado 32 compañías de 19 concellos de toda a provincia: A Adala (Foz), A Caxiga (As Nogais), A Mariña (Cervo), Alentía Teatro (Palas de Rei), Ardora (Cervo), Argalleiras (Chantada), Aturuxeiros de Bravos (Ourol), Borguete Teatro (Vilalba), Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros), Falcatrueiros (Monterroso), Faranduleiros de Bolmente Teatro (Sober), Faro Miño (Chantada), Grupo de Teatro de Antas de Ulla (Antas de Ulla), Grupo de Teatro do HULA (Lugo), Grupo de Teatro Viraventos (Monforte), Grupo Humorístico Trípode (Alfoz), Improdutivas (Lugo), Lume Escénico (A Pontenova), Metátese Teatro (Palas de Rei), Nova Escena (Lugo), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Os Baluros (Castro de Rei), Os Palimoquiños e Cía (Lugo), Os Pícaros de Lagoa (Alfoz), Os Trocos (Castro de Rei), Ousadías (Lugo), Parápono Teatro (Lugo), Pico do Castro (Foz), Rebuldeira Teatro (Sarria), Teatreiras (Monforte) e Xa ta (A Pastoriza).

