HomesociedadeRespira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

Como actividade externa e complemento a estas xornadas, o sábado, 10 de outubro, celebrarase unha andaina pola paz. Do Silencio á Acción, comezará ás 19:15 na Compañía para rematar ás 20:45 na Praza Luís de Gongora, propoñen unha andaina silenciosa que rematará con actuación musical e lectura de manifesto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida a deterse, respirar e reflexionar sobre o coidado propio e a saúde desde unha perspectiva integral. Respira, II Xornadas do Benestar, naceu o pasado ano co propósito de ofrecer un espazo de calma e reflexión nun mundo marcado pola présa e a sobreestimulación.

As temáticas deste ano xurden como resposta a unha realidade cotiá na que a maioría das persoas viven a cabalo entre tarefas esgotadoras e unha chea de estímulos abafantes. Conscientes desta complexidade, os promotores destas xornadas, Ateneo Casino e Maro Carretero Producións poñen o foco e dúas cuestións fundamentais para o benestar actual. Por unha
banda, abordarase a importancia de ter uns coidados axeitados e de coidar a aquelas persoas que exercen de coidadoras. Pola outra, proporase deter por un instante as nosas mentes para reflexionar sobre a influencia dos medios de comunicación e as redes sociais dixitais nos nosos estados de ánimo, un factor cada vez máis determinante na saúde emocional da cidadanía.

“Son moitas as persoas, que se esforzan a diario por atopar e aplicar estratexias e técnicas para mellorar o noso benestar. Neste sentido, as xornadas son tamén un convite para deterse por un momento, respirar e ver con novos ollos iso
que chamamos benestar”, sinalan desde a organización que quere tamén manifestar unha mensaxe de esperanza, nestas situacións complexas e vinculadas co sufrimento.

O programa completo, que se desenvolverá ao longo dos días 8 e 10 de outubro, inclúe coloquios, talleres prácticos, mesas redondas e proxeccións audiovisuais. Todas as actividades están deseñadas para ofrecer ferramentas útiles e un espazo de encontro para aquelas persoas interesadas en coidar a súa saúde física e mental.

Do Silencio á Acción


O vindeiro sábado, 10 de outubro, invítase á cidadanía de Monforte e comarca a este acto simbólico que propón unha reflexión individual para accionar o noso compromiso social por un mundo en Paz.

A andaina partirá da Compañía ás 19.15 horas, onde as persoas participantes recibirán unhas tarxetas que propoñen tres puntos de vista desde os que iniciar a súa reflexión. O percorrido farase en silencio e camiñando sós e en ringleira para facilitar o espazo de reflexión. O remate está previsto para as 20.45 horas na Praza Luis de Góngora de San Vicente do Pino, cun breve concerto do artista Waby Eliott e Cía, con pezas compostas para a ocasión e lectura dun manifesto pola paz.

Os promotores desta iniciativa, Pau Cadórniga e Maro Carretero, destacan a vontade de integrar a historia local e o patrimonio cos valores universais, sinalando os seguintes obxectivos desta peregrinación que esperan repetir nos vindeiros anos:

  • Fomentar a reflexión individual sobre a paz.
  • Promover a convivencia.
  • Promover o silencio como ferramenta necesaria de instrospección nun mundo hiperconectado.
  • Involucrar á cidadanía en actos simbólicos que inviten o compromiso social.
  • Poñer en valor o patrimonio.

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...