HomeEconomíaO paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da...

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO cataloga os datos do paro do mes de setembro como malos, xa que nas comarcas de Lugo Centro Sur aumentou o paro en 131 persoas, situándose o desemprego en Sarria, Lemos, Quiroga e Chantada en 2668 parados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto, contablizando 2668 persoas apuntadas no Sepe, “sendo unha das causas o alto número de novos demandantes como consecuencia da gran regularización. A parte positiva é a porcentaxe de compañeiros que cobran prestacións superando a 87% cifra esta nunca alcanzada en toda a historia do Inem”. CC.OO tamén valora o alto número de empregadas de fogar, que se deron de alta na seguridade social “despois de levar anos nun estado de precariedade absoluta e traballando 24 horas”.

CCOO destaca os datos do sector construción e do industrial e o mal comportamento do sector servizos e agrogandeiro. Os concellos cos peores datos seguen sendo Monforte con 43 parados máis superando os 1003, Sarria con 544, 28 máis e Chantada con 326, 29 máis. Os concellos co mellor comportamento, O Incio 33, baixa en 3 o mesmo que Triacastela con 7, Bóveda con 35 baixa 4 e A Pobra do Brollón con 50 desempregados, baixoi 1..

Paro comarca de Lemos 1337 (+48):

  • Bóveda 35 (-4)
  • Monforte de Lemos 1003 (+43)
  • A Pobra do Brollón 50 (-1)
  • Sober 48 (+1)
  • O Saviñao 124 (+8)
  • Pantón 77 (+2)

Paro comarca de Quiroga 181 (+19):

  • Folgoso do Courel 20 (+2)
  • Quiroga 131 (+12)
  • Ribas de Sil 30 (+2)

Paro comarca de Chantada 434 (+34):

  • Taboada 58 (+2)
  • Chantada 326 (+29)
  • Carballedo 50 (+3)

Paro comarca de Sarria 716 (+30):

  • O Incio 33 (-3)
  • Láncara 68 (+5)
  • Paradela 17 (+4)
  • O Páramo 22 (-1)
  • Samos 25(=)
  • Sarria 544 (+28)
  • Triacastela 7 (-3)

CC.OO segue alertando de fraude no rexistro horario, “seguen sendo centos de traballadores con xornadas de 12 horas en hostalería e comercio”.

ÚLTIMAS

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...