HomeDeportesÉxito organizativo e de participación na primeira edición da 'Nocturna do Xeoparque...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

A organización vén de comunicar publicamente a súa satisfacción polo desenvolvemento do evento e o comportamento exemplar dos deportistas coa contorna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel. A cita deportiva, que reuniu a 250 inscritos entre as probas deportivas e unha andaina non competitiva de 8 km, concluíu cun rotundo éxito organizativo e de participación, tal como manifestaron dende a organización. Ademais, o evento contou coa celebración de carreiras infantís, que colleitaron un grande éxito e unha notable participación entre os máis pequenos e as súas familias.

A xornada coroou a Javier Janeiro Cerdeira e Elena Castro Rumbo como os grandes triunfadores da proba raíña de 16 quilómetros, así como a Marta Rivera Vázquez —gañadora absoluta dos 10 quilómetros— e José Antonio Orozco Vázquez.

Baixo a luz dos frontais e cun ambiente festivo no núcleo da carreira, os participantes das carreiras de 16 km (A  Nocturna) e 10 km (A Carreiriña), así como os sendeiristas e afeccionados ás camiñadas nocturnas que desfrutaron da andaina de 8 km, afrontaron un trazado técnico que puxo a proba a resistencia, a orientación e a destreza dos atletas na penumbra das montañas lucenses. Nesta primeira edición cómpre salientar a altísima participación feminina, acadando un notable 42% do total de inscritos no conxunto do evento, o que consolida esta iniciativa deportiva como un referente de inclusión e igualdade no trail running.

“A Nocturna do Xeoparque non é só unha competición atlética, é unha experiencia sensorial única que busca poñer en valor o patrimonio natural e xeolóxico do Courel dunha forma sostible. Ver as luces dos frontais serpentear polas crestas e vales foi espectacular. Queremos agradecer profundamente o esforzo de todos os voluntarios, emerxencias e patrocinadores, e especialmente ao  Concello de  Ribas de  Sil  e  o  Xeoparque Montañas  do  Courel, que fan posible un despregamento loxístico tan complexo en plena noite”, destacou o comité organizador durante a entrega de trofeos.

ÚLTIMAS

Novo encontro en Chantada do programa “Fibranzas” para a formación en cestería

A Fundación Artesanía de Galicia continúa co desenvolvemento do seu programa de perfeccionamento Fibranzas....

O PSdeG chama en Monforte á máxima mobilización para gañar o segundo deputado na provincia, “xogámonos o escano co PP”

A unha semana das eleccións xerais, os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao...

Este 28 de novembro no Auditorio Municipal do Saviñao cita co teatro para público infantil e familiar

O sábado, 28 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal do Saviñao representarase...

25N, por que?, tema do faladoiro desde 25 de novembro en Quiroga

O Faladoiro deste mes contará como persoa convidada con Marisa Castro, avogada e directora...