HomesociedadeSeguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Como xa tiña anunciado a iniciativa veciñal que promove estas mobilizacións, seguiranse celebrando manifestacións todos os 11 de mes mentres non se dean solucións efectivas á falta de médicos no municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os veciños e veciñas da localidade da Pobra do Brollón sairán de novo á rúa este 11 de outubro desde as 12:00h, para expresar publicamente a súa preocupación pola situación da asistencia sanitaria e reclamar ás administracións competentes que adopten as medidas necesarias para garantir un servizo médico digno e de calidade.

Durante a mobilización, que partirá do Centro de Saúde, tamén se levará a cabo unha recollida de sinaturas entre os veciños e veciñas, co obxectivo de trasladar ás administracións competentes o apoio da cidadanía a esta reivindicación e solicitar solucións ante a situación actual. Os convocantes insisten na necesidade de apoiar as súas demandas e fan un chamamento á participación para reclamar “un futuro da atención sanitaria na nosa localidade”.

Na mobilización do día 11 tamén se abordará a situación do Centro de Día e a falta de persoal, “As persoas maiores do noso municipio merecen recibir unha atención adecuada, personalizada e digna, e para iso é imprescindible contar cunha dotación suficiente de profesionais que permita prestar o servizo nas condicións necesarias. A nosa reivindicación centrarase en dous servizos públicos fundamentais para a comunidade: a atención sanitaria e o coidado das nosas persoas maiores”, aseguran.

ÚLTIMAS

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...