O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a terceira e última novela da saga «Compostela», unha historia de aventuras, traición e redención ambientada nun dos momentos máis convulsos da historia xacobea. A cita la librería Agrasar ás 20:00h.
Despois de Ultreia e Suseia esta viaxe literaria polo Camiño de Santiago afonda na peregrinación. “E se o corazón dunha historia radica no conflito, o lóxico era expor esa historia no momento máis baixo que viviu o mesmo Camiño de Santiago cando, alén das sacudidas políticas e económicas, do medo á peste, a Reforma, a Contrarreforma e as guerras de relixión en Francia, as mesmas reliquias do apóstolo desapareceron para permanecer ocultas durante tres séculos”, explica o autor.
Confiando en que a historia funcionaría ao engadirlle algo humano, escolleu retratar unha historia de redención que resultara universal, “O camiño, onte, hoxe, mañá, independentemente da política, a economía ou a fe, o camiño sana. O camiño ofrece redención, mesmo para aquel que se equivocou tanto como para perdelo todo”.

