HomesociedadeRenfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

A compañía reforzará este traxecto en 1.000 prazas adicionais para atender o aumento de desprazamentos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de 1,12 millóns de prazas entre os seus servizos comerciais e os servizos públicos (OSP) entre o venres 9 e o luns 12 de outubro.

Preto de 403.000 prazas corresponden aos servizos de alta velocidade e longa distancia (AVE, Avlo, Alvia, Euromed, Intercity e AVE Internacional). O día de maior demanda será o venres 9, para o que se programou unha oferta de máis de 120.500 prazas nos servizos comerciais.

En Galicia, a compañía reforzará o corredor Galicia-Madrid ofrecendo máis de 1.000 prazas adicionais para atender o incremento de desprazamentos previsto, ascendendo a preto de 39.000 as prazas totais ofertadas entre o venres 9 e o luns 12.

OBRAS NA ESTACIÓN DE CORUÑA E SERVIZOS AFECTADOS

Renfe modificará temporalmente o servizo na Coruña con motivo dunha nova fase das obras que Adif levará a cabo na estación coruñesa entre os días 5 e 12 de novembro. Para garantir a mobilidade dos viaxantes durante este período, a compañía habilitará un plan alternativo de transporte e realizará axustes puntuais na programación habitual dos seus trens.

Dado que as actuacións son incompatibles coa circulación de trens, os seguintes traxectos prestaranse por estrada: Entre A Coruña e Santiago de Compostela para os trens Rexionais, Media Distancia, Avant e Alta Velocidade das conexións con Vigo, Ourense e Madrid-Chamartín. Entre A Coruña e Betanzos Infesta para trens de Media Distancia da liña A Coruña-Lugo-Monforte-Ourense e A Coruña-Ferrol.

ÚLTIMAS

Francisco Narla presenta este 9 de outubro na librería Agrasar de Monforte a última entrega da saga “Compostela”

O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a...

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...