Homesociedade"Amando Amandi" anunciará a XXXIX Feira do Viño de Amandi

“Amando Amandi” anunciará a XXXIX Feira do Viño de Amandi

O xurado do certame vén de elexir, por unanimidade entre 51 orixinais, o traballo de Rodrigo Coucheiro Limeres, presentado co lema ‘Amando Amandi’.

Publicado o

- Advertisement -

O xurado destacou o alto nivel dos 51 orixinais presentados, chegados de diferentes puntos do Estado. En concreto, recibíronse carteis de toda España, como Cataluña, Madrid e o País Vasco. O maior número chegou de Galicia e da Comarca de Lemos. Os integrantes do xurado foron, Eva F. Ferreira, Toño Parga, Iván Patiño e Manuel Valcárcel ‘Piro’.

Concédense accésits, como finalistas, aos carteis de Víctor Miranda da Coruña, Carlos Gallego, de Barcelona, Luis Enrique Núñez, de Viloira-O Barco, e Celso Cuñarro, da Coruña.

O gañador do concurso recibirá un premio en metálico de 600 euros. Os accésit contarán cun diploma e cun lugar destacado na exposición que se faga con todos os traballos presentados.

O cartel ganador farase público o sábado día 16 de marzo no miradoiro de Soutochao, en Doade. Celebrarase un acto ao que se asistirán os adegueiros e no que se darán a coñecer os actos que formarán parte do ‘Mes do Amandi’ e a programación da XXXXI Feira do Viño de Amandi que este ano se celebra os días 13 e 14 de abril.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...