Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica, proba que rematou coa entrega de dous ouros para dous deportistas taboadeses que competían co Club O Cordal de Lugo: Marta Marqués e Alberto Fidalgo.
As probas disputáronse simultanemente nun percorrido de 2.180 metros ao que se lle deron 5 voltas, transcorrendo por terreo mixto con zonas de terra, pedras e herba, e tamén partes de asfalto.
Un novo éxito para Alberto Fidalgo nesta competición autonómica que refrenda o bo momento de éxitos deportivos que está vivindo neste 2026, ano no que vén de acadar unha medalla de bronce no Campionato do Mundo celebrado o pasado mes en Lahti, Finlandia.
A seguinte proba de ambos marchistas será o 25 de outubro en Lorca (Murcia) defendendo nesta ocasión a camisola da Selección Galega de Marcha Nórdica.

