HomesociedadeO 17 de outubro "Vémonos no Camiño" percorrerá o treito entre Pantón...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno organiza rutas gratuítas para percorrer tramos do Camiño. Para este sábado, 17 de outubro, coa colaboración do Concello de Pantón farase o treito entre Pantón e Belesar para percorrer 13,7 Km.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada para camiñar e descubrir. As persoas que cheguen polos seus medios daranse cita a partir das 9:30. Para facilitar a participación, un autobús sairá de Lalín ás 08:30 horas con parada en Chantada ás 9:00

Habilítanse 34 prazas para esta actividade que conta con visita ao Mosteiro cisterciense do Divino Salvador e a degustación duns petiscos. Ata o 12 de outubro, ás 24:00 horas, está aberto o prazo para inscribirse a través deste formulario. O envío da solicitude non confirma a praza. A organización confirmará por correo electrónico o 15 de outubro.

A seguinte saída está prevista para o 7 de novembro, cunha andaina entre Bandeira e Ponte Ulla e unha visita ao Pazo de Oca.

ÚLTIMAS

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...