O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores 14 de outubro, ás 9.00 horas, no salón de actos do Centro Cívico e Social, no Paseo do Malecón s/n. Segundo o establecido no punto 7º das bases reguladoras do Programa Activa, nos casos nos que exista máis demanda que prazas, a adxudicación realizarase por sorteo entre as solicitudes admitidas para cada actividade, diferenciando entre prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade. Asignarase un número por solicitude. Na modalidade de participación conxunta, asignarase un único número. Nas actividades con vacantes non se realizará sorteo e asignaranse as prazas segundo a orde de entrada.
As actividades que irán a sorteo son as seguintes:
▪ Bailes de salón Iniciación
▪ Bailes latinos Perfeccionamento
▪ Cerámica 1
▪ Cerámica 2
▪ Competencias dixitais intermedio
▪ Conservando a memoria 1
▪ Conservando a memoria 2
▪ Costura básica
▪ Costura creativa 1
▪ Ioga 1
▪ Ioga 2
▪ Manualidades 1
▪ Taichi
▪ Ximnasia acuática 1
▪ Ximnasia acuática 2
▪ Ximnasia de mantemento 1
▪ Ximnasia de mantemento 2
▪ Ximnasia de mantemento 3
Actividades con vacantes, nas que non se realiza sorteo:
▪ Conservando a memoria 3
▪ Conservando a memoria 4
▪ Competencias dixitais Iniciación
▪ Competencias dixitais avanzado
▪ Costura creativa 2
▪ Manualidades 2
▪ Informática
▪ Cuidarte
▪ Bailes latinos iniciación
O día 15 de outubro publicaranse as listaxes de persoas con praza adxudicada e a listaxe de persoas en lista de agarda. As actividades comezarán o 19 de outubro e estenderanse ata o 11 de xuño de 2026.
O Programa Activa diríxese especialmente ás persoas maiores de 55 anos co obxectivo de favorecer o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida dos adultos maiores, promovendo o seu benestar psicosocial e o encontro interxeracional, evitando situacións de soidade non desexada e dinamizando as parroquias.


