HomesociedadeSober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

Sober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

O director da Axencia, Martín Alemparte, participou este martes en Sober na xornada a! Vermouth, licores, augardentes e bebidas espirituosas, centrada nas oportunidades que ofrece o recoñecemento artesanal para diferenciar estas elaboracións e incrementar o seu valor engadido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), promove a Artesanía Alimentaria de Galicia mediante un ciclo de Aulas Abertas dedicadas a diferentes elaboracións agroalimentarias. A celebración desta xornada en Sober cobra especial relevancia no contexto actual do sector vitivinícola, marcado polos cambios nos hábitos de consumo e polo descenso da demanda de viño, especialmente dos tintos, tan representativos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Neste sentido, Alemparte destacou que a elaboración de vermús, licores, augardentes e outras bebidas espirituosas pode representar unha oportunidade complementaria de diversificación para as adegas e produtores, aproveitando as materias primas, a tradición e o coñecemento existentes no territorio. Así mesmo, salientou que estas novas oportunidades poden contribuír a manter a actividade económica vinculada á viticultura e, con ela, a singular paisaxe da Ribeira Sacra.

A artesanía alimentaria como ferramenta de diferenciación

Durante a xornada púxose en valor o distintivo de Artesanía Alimentaria de Galicia como unha ferramenta para recoñecer a calidade, a singularidade e o saber facer dos elaboradores, favorecendo unha maior diferenciación dos produtos no mercado. Neste ámbito, a Xunta aprobou normas técnicas específicas para estas bebidas, que establecen os requisitos que deben cumprir para poder acollerse ao recoñecemento de Artesanía Alimentaria.

O programa desta sesión incluíu unha presentación do Consello Regulador das IXP Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, así como as experiencias de Adegas Celme, de Castrelo de Miño; Aguardientes de Galicia, de Vedra; e Pazo de Valdomiño, de Tomiño. Durante o mes de outubro celebraranse outras catro xornadas: o día 20 en Betanzos, dedicada ás comidas preparadas; o 21 en Chantada e o 27 no Porriño, centradas no pan e nas empanadas artesanais; e o 28 en Ponteareas, sobre conservas vexetais, zumes e marmeladas.

Artesanía Alimentaria Sober / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...