HomeDeportesA canteira monfortina de voleibol segue dando froitos

A canteira monfortina de voleibol segue dando froitos

A xogadora do Club Korbis Antía Pérez debutou coa selección galega o pasado luns nun torneo bilateral en Viana do Castelo.

Publicado o

- Advertisement -

Antía xoga no cadete do coñecido Club Korbis de Monforte e esta fin de semana disputará co seu equipo a promoción de ascenso á 1ª división galega.

A convocatoria coa selección española foi unha grata sorpresa tanto para ela como para o seu adestrador, Roberto Castro, quen recibiu a noticia tras a chamada do seleccionador galego Charly Suárez.

A xogadora monfortina ocupa a posición de líbero e o seu punto forte é a liña defensiva. Comezou a xogar no equipo dos Escolapios, co que foi subcampiona provincial federada en 2016 e demostrando xa ter altas capacidades para este deporte.  A temporada seguinte en categoría infantil, e xa no Korbis, foi unha das xogadoras destacadas e determinante para acadar o ascenso a 1ª división.

No Club Korbis non ocultan a súa satisfacción con esta convocatoria. Un éxito máis que cómpre sumar a outras convocatorias non menos importantes como a das infantís Carla, Laura, Sari e Aisha; ou a dos xogadores David e Luis Cota.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...