HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra presentará viños e nova imaxe en Bilbao, Países...

A D.O. Ribeira Sacra presentará viños e nova imaxe en Bilbao, Países Baixos e Lugo

Dará a coñecer a súa nova identidade visual, baixo o lema "Natureza Heroica", e presentará 65 referencias de viños das súas adegas inscritas en tres accións promocionais en diferentes datas deste mes de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará en tres accións promocionais en Bilbao, Países Baixos e Lugo co obxectivo de dar a coñecer a diversidade e calidade dos seus viños, reforzar a súa presenza en distintos mercados e apoiar a promoción das adegas inscritas.

A primeira cita terá lugar este luns 19 de outubro en Bilbao, coa participación en Experiencia Verema, un encontro dirixido principalmente a profesionais do sector vitivinícola que se celebrará no Hotel Carlton. A denominación presentará 22 referencias de 11 adegas, con 13 viños tintos, 8 brancos e 1 rosado, correspondentes ás anadas 2022, 2023, 2024 e 2025.

Ese mesmo día, Ribeira Sacra estará presente en Ámsterdam, dentro da acción promocional organizada pola Asociación dos Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). A iniciativa continuará o 21 de outubro en Róterdam e reunirá representantes dos consellos reguladores galegos para mostrar a diversidade e calidade dos viños e bebidas espirituosas de Galicia ante profesionais do sector.

Nestas xornadas, a D.O. Ribeira Sacra estará representada por oito adegas, con 24 mostras de viño: 16 tintos e 8 brancos, correspondentes ás anadas 2019, 2021, 2022, 2023, 2024 e 2025. A representación do Consello Regulador correrá a cargo de Ruth Fernández Vidal e Antonio Lombardía Crespo.

O calendario promocional da D.O. Ribeira Sacra continuará os días 25 e 26 de outubro na Feira L de Lugo, onde presentará 19 referencias de nove adegas: 12 viños tintos, 6 brancos e 1 rosado, das anadas 2022, 2023, 2024 e 2025.

POÑER EN VALOR A VITICULTURA HEROICA E PRESENTAR UNHA NOVA IMAXE DE MARCA

As devanditas accións forman parte do traballo de promoción do Consello Regulador para incrementar o coñecemento da D.O. Ribeira Sacra, poñer en valor a singularidade do seu territorio e a súa viticultura heroica, e contribuír a xerar novas oportunidades de visibilidade e comercialización para as súas adegas.

Ademais, estes tres escaparates servirán para presentar a nova imaxe de marca da D.O. Ribeira Sacra, desenvolvida baixo o lema «Natureza Heroica». Dende o Consello Regulador afirman que “esta identidade representa a esencia da denominación e o esforzo de viticultores, vendimadores, adegas, distribuidores, clientes e de todas as persoas comprometidas co futuro do territorio”. Un vínculo compartido que se simboliza a través dun fío vermello, elemento central da nova identidade visual, que une os seus protagonistas e transmite a singularidade de Ribeira Sacra.

A campaña desenvolveuse en colaboración con Trasgos de Caldelas, estudo de branding estratéxico e comunicación con sede no territorio e experiencia en proxectos de identidade e promoción para entidades e institucións. “Esta colaboración pon en valor o talento e o coñecemento local, reforza o compromiso da denominación coa súa contorna e proxecta a marca Ribeira Sacra cara a novos mercados”, sinalan dende tamén dende a o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Un cento de persoas reflexionan en Monforte sobre o avance dos discursos de odio e as súas consecuencias na sociedade

A actividade contou coa participación de Adrián Gómez Martínez, mestre de Educación Primaria e...

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...