HomePolítica"Advertimos dunha situación de risco evidente e restáronlle importancia", lembra o BNG...

“Advertimos dunha situación de risco evidente e restáronlle importancia”, lembra o BNG de Monforte sobre a árbore caída no embarcadoiro do Parque dos Condes

A formación nacionalista xa advertira no pleno de setembro do risco que presentaban numerosas árbores do paseo do río e solicitara unha intervención urxente para garantir a seguridade da veciñanza

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Monforte denuncia a falta de actuación do Goberno municipal ante o estado de numerosas árbores situadas nas marxes do río Cabe, despois de que a pasada fin de semana unha gran póla dun chopo caese sobre o embarcadoiro do Parque dos Condes, provocando danos na súa estrutura.

A formación nacionalista lembra que o pasado 25 de setembro presentou formalmente un rogo ao pleno municipal solicitando o saneamento das árbores que estaban a piques de caer, “tivo que caer unha gran póla sobre unha instalación utilizada pola veciñanza para demostrar que as nosas advertencias estaban fundamentadas. O máis preocupante é que poderiamos estar falando de danos persoais e non unicamente materiais”, lamenta Manuel Luaces, concelleiro do BNG en Monforte.

Luaces critica a actitude do Goberno municipal, “Non se pode gobernar ignorando os problemas que se trasladan desde a oposición, especialmente cando está en xogo a seguridade das persoas”. O BNG reclama ao Goberno municipal unha inspección urxente do arborado das marxes do Cabe, a intervención sobre os exemplares que presenten perigo e a reparación dos danos ocasionados no embarcadoiro.

Árbore caída / XdL

ÚLTIMAS

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...

Monforte “tómase a peito” o cancro de mama

Durante toda a mañá, representantes e colaboradores da AECC ofreceron información sobre a actividade...

O colectivo Lemos Le celebra o ‘Día das Bibliotecas’

O colectivo Lemos Le, formado por bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais (BPM) e a...

Remata a pavimentación da rúa Calvo Sotelo de Monforte cun investimento de 183.000€

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada, e...