A CIG-Saúde denuncia que o Hospital de Monforte volve ser o “gran esquecido” da provincia de Lugo nos proxectos orzamentarios da Xunta de Galicia. O sindicato afirma que “mentres outras infraestruturas sanitarias da área reciben inxeccións millonarias para ampliacións ou plans directores, a comarca de Lemos atópase un ano máis cunha asignación inexistente para resolver deficiencias estruturais, renovar equipamento obsoleto e frear a perda progresiva de servizos e especialistas”.
“É inacetable que a Xunta presuma de orzamentos récord en sanidade mentres os veciños e veciñas de Monforte e de toda a comarca sofren demoras, falta de persoal e instalacións golpeadas pola falta de mantemento básico. O nulo investimento proxectado demostra que para o Goberno galego a sanidade da zona sur de Lugo é de segunda categoría”, declaran desde o sindicato.
Nesta situación solicitan á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade unha rectificación inmediata a través do trámite de emendas parlamentarias para incluír:
1. Unha partida orzamentaria específica e finalista destinada á reforma integral e modernización das áreas prioritarias do Hospital de Monforte.
2. A elaboración e implantación urxente dun Plan Director real axustado ás necesidades demográficas e sanitarias da comarca.
3. Un plan extraordinario para o reforzo e estabilización do persoal sanitario. Non imos permitir que se consume este novo ninguneo a Monforte . Esiximos fetos, partidas concretas no DOG e compromisos reais, non promesas baleiras que nunca se traducen en melloras para os pacientes

