A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, asistiu esta semana no IES Val do Asma de Chantada a un taller de regueifas para dar a coñecer o fenómeno da poesía oral improvisada en verso, fomentar as ferramentas discursivas co fin de afrontar situacións cotiás desde a igualdade e os valores democráticos, espertar vocacións artísticas e implicar ao alumnado no patrimonio cultural, mellorando a súa dicción e a súa oratoria.
Alí, a subdelegada destacou “a necesidade de que a tradición das regueifas, que nos chega desde tempos inmemoriais, non se perda no tempo que nos toca vivir, de forma irreversible”, e agradeceu a predisposición do centro educativo a participar na proposta.
Esta actividade replicarase con alumnos do IES Terra Chá de Castro de Rei e do IES de Foz, nunha acción realizada baixo o impulso da Subdelegación do Goberno en Lugo e o Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade

