HomeMedio ambiente e PatrimonioA xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro 'Camiños de...

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

A actividade consistirá nunha conversa divulgativa aberta ao público que será gravada en directo como un novo episodio de 'Camiños de Ciencia', un ciclo promovido por 'Observer Turismo Científico' para achegar o coñecemento científico ao territorio a través do Camiño de Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia, un ciclo promovido por Observer Turismo Científico para achegar o coñecemento científico ao territorio a través do Camiño de Santiago. O encontro está programado para as 12:30 h no salón de actos da Casa da Cultura.

Nesta ocasión, o encontro leva por título “O Courel: tempo profundo” e estará centrado na xeoloxía do territorio, no Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e nos grandes pregamentos xeolóxicos que permiten interpretar unha historia escrita nas rochas ao longo de centos de millóns de anos.

CHARLA DIVULGATIVA ABERTA Á PARTICIPACIÓN DO PÚBLICO

O protagonista será Víctor Barrientos, xeólogo da Universidade da Coruña, que conversará con Manuel Vicente, responsable do programa Efervesciencia da Radio Galega, e Maite Vence, directora de Observer. Non se trata dunha conferencia convencional nin dunha charla seguida dun podcast. A actividade consistirá nunha conversa divulgativa aberta ao público que será gravada en directo como un novo episodio de Camiños de Ciencia. As persoas asistentes poderán seguir a conversa, participar e formular preguntas durante a sesión.

Camiños de Ciencia é un proxecto de Observer, subvencionado pola Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo no marco do Xacobeo 2027.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...

“Artur Ui, o ovo da serpe”, este 22 de outubro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...