HomePolíticaPatricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego do Saviñao, vén de renovar a súa dirección local co nomeamento de Patricia Varela Fernández como nova responsable da formación no municipio. Substitúe a Xosé Carlos Xurxo Rodríguez, a quen a organización agradece o seu labor e compromiso

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de Secundaria en Escairón. Con este cambio no equipo de dirección, o BNG do Saviñao abre unha nova etapa co obxectivo de consolidar o crecemento da formación no concello, fortalecer o contacto directo coa veciñanza de todas as parroquias, e ofrecer unha alternativa política sólida e transformadora.

Nas súas primeiras declaracións tras o nomeamento, Patricia amosouse moi agradecida pola confianza depositada pola asemblea, e subliñou as ganas do novo equipo para traballar polo futuro do Saviñao. “Comezo esta nova etapa con moita ilusión, pero tamén coa máxima responsabilidade. O Saviñao é un concello marabilloso, con moitísimas posibilidades, un patrimonio envexable e unha veciñanza emprendedora. Porén, levamos demasiado tempo sofrindo as consecuencias dunha mala xestión municipal, caracterizada pola falta de iniciativas, o abandono dos servizos básicos e a ausencia dun modelo de futuro para o noso municipio”, manifestou Patricia.

A nova responsable local remarcou que a prioridade do BNG será colocar no centro da axenda política os problemas reais das familias, dos sectores produtivos, do comercio local e do medio rural do Saviñao. “Non nos resignamos a ver como O Saviñao perde oportunidades día a día. Imos traballar arreo, a pé de rúa e escoitando a todo o mundo, para acadar o avance, a mellora dos servizos públicos e o benestar que a nosa veciñanza merece. Hai alternativa e imos demostralo con propostas e con traballo diario”, engadiu.

Desde a asemblea local subliñan que esta nova etapa estará marcada “polo diálogo constante con colectivos, asociacións e veciños e veciñas do concello, sumando esforzos para construír un proxecto colectivo que revitalice O Saviñao”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...