HomePolíticaO PP de Monforte prepárase para "lograr un cambio de Goberno" nas...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

O PP de Monforte preguntará no pleno do luns en que punto se atopa a tramitación do novo contrato de abastecemento e saneamento. Tamén se lle pedirá ao goberno de José Tomé que concrete as medidas previstas para mellorar as instalacións deportivas da Pinguela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de traballo centrada na preparación das eleccións xerais que se celebrarán o vindeiro 29 de novembro. A presidenta e portavoz municipal, Katy Varela, cre que “é fundamental para os intereses do país cambiar o equipo de Goberno en España”. Nese sentido, defende a Alberto Núñez Feijóo como alternativa: “Feijóo traballará para mellorar a vida dos españois e, polo tanto, iso vai influír positivamente tamén para todos os monfortinos”.

A popular lembra en que “hai moitos proxectos do Goberno central pendentes en Monforte”. Ao vindeiro pleno os populares presentan o proxecto para rematar a rolda urbana que iría desde a estrada de Ourense ata a N-120, “O convenio asinado co Concello de Monforte no ano 2023 aínda non se comezou a executar”. Mención tamén ao soterramento dos pasos a nivel en Xiamontes e Río Seco, “as obras están paralizas ocasionando trastornos aos veciños. Tamén é necesario mellorar o transporte por ferrocarril”. Así, considera que “será moi positivo” cambiar o Goberno nacional presidido por Sánchez.

Varela puxo en valor que o monfortino, Francisco Conde, volva encabezar a candidatura do Partido Popular ao Congreso pola provincia de Lugo e explicou que “nesta ocasión non puido asistir porque tiña outros compromisos tamén relacionados coa precampaña, pero contaremos coa súa participación en vindeiras reunións de traballo”.

A xestión da auga e o estado do campo de fútbol da Pinguela

O PP interésarase no vindeiro pleno pola tramitación do novo contrato de xestión do abastecemento e saneamento da auga e o estado no que se atopa o campo de fútbol da Pinguela.

Solicitarase información sobre en que punto se atopa o procedemento para a contratación do servizo de abastecemento e saneamento da auga, unha cuestión sobre a que consideran necesario que o goberno local ofreza explicacións claras e actualizadas.

E queren coñecer que medidas ten previsto adoptar o Concello ante o mal estado do campo de fútbol da Pinguela e para garantir que se atope nas condicións adecuadas para a práctica do fútbol. Defenden a importancia de que o goberno local dea conta da súa xestión, informe dos procedementos en marcha e concrete as actuacións que pensa desenvolver, de maneira que a cidadanía poida coñecer a situación real destes asuntos e as solucións previstas.

Campo de fútbol da Pinguela / PP de Monforte

ÚLTIMAS

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...