Esta decoración con puntos estratéxicos nos que se concentrará a maior parte da decoración: a praza España, a praza da rúa Lago, a praza Maior, os xardíns da entrada de Quiroga e o merendeiro do parque da Constitución. Trátase dunha experiencia inmersiva que combina natureza, narrativa, tradición e participación cidadá, onde o visitante recorra as diferentes zonas ambientadas no Nadal. Luces nas árbores, decoración nas prazas con diferente temática, … todo un recorrido que se poderá facer de día pero especialmente de noite, cando a iluminación cobre protagonismo. Ademais do recorrido pódense recoller pistas e participar nas actividades que se propoñen para rematar obtendo un agasallo final na “Fábrica dos Soños”.
Este proxecto busca a colaboración de diferentes sectores da poboación que contribúan a que con este Nadal máis “luminoso” e diferenciador, Quiroga sexa un destino turístico. Entre estes sectores estaría o comercio, o CEIP de Quiroga ou o departamento da muller, impulsado polo CIM, que xa comezou a súa colaboración para a decoración de Nadal no que participa unha ducia de mulleres.
Soño de Nadal conta cun orzamento de 22. 627 € aportados pola Deputación Provincial de Lugo tras a firma dun convenio co Concello de Quiroga no pasado mes de xullo. Vicente Parra, Concelleiro de Turismo, destaca como obxectivo dinamizar social e económicamente ao concello e á comarca de Quiroga durante o Nadal, “promovendo a convivencia veciñal e o apoio ao comercio e á hostalaría local; ademais de favorecer a participación veciñal e a promoción do territorio”.

