HomesociedadePaso peonil provisional nas obras de supresión dos pasos a nivel de...

Paso peonil provisional nas obras de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Padre Feijoo

A construción dunha pasarela provisional que facilite o paso das persoas entre ambos lados das vías ferroviarias foi encargada a unha empresa monfortina e comezarán esta mesma semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta das xestións realizadas ante a Administradora de Infraestruturas Ferroviarias, ADIF, para a execución dun paso peonil provisional na contorna das obras de supresión dos pasos a nivel das rúas Juan Montes e Padre Feijoo, mentres se resolve a situación que mantén parados os traballos principal.

Tratábase de buscar unha solución que permitira mellorar a mobilidade peonil na zona e, ao mesmo tempo, impulsar a reactivación das obras de supresión dos pasos a nivel, “Desde que se pararon os traballos, mantiven diversas xestións e contactos para tratar de axilizar o reinicio dos traballos e para conseguir unha alternativa provisional que facilite o tránsito das persoas mentres non se retoman as obras”, explica o alcalde.

Tomé anuncia que se executarán as obras para un paso provisional para persoas, e tamén que nun par de meses aproximadamente retomaranse as obras de supresión dos pasos a nivel, na medida en que o tempo o permita. “A actual situación nas obras de supresión dos pasos a nivel débese á aparición de imprevistos que obrigaron a ADIF a tramitar un modificado do proxecto, co procedemento administrativo correspondente ata a súa aprobación pola Dirección do organismo ferroviario. Este modificado supón, ademais, un incremento do investimento de arredor de 1 millón de euros”, explica o alcalde.

Neste senso, o rexedor monfortino lembra que a supresión dos pasos a nivel é unha actuación de especial relevancia para a cidade, tanto pola mellora da seguridade como pola eliminación das barreiras que as vías ferroviarias supoñen para a mobilidade urbana.

ÚLTIMAS

O Goberno inclúe a Quiroga nunha declaración de ‘zonas catastróficas’

O Consello de Ministros aprobou o martes 27 de outubro declarar a 45 territorios,...

Raquel Arias, regresa ao IES Río Cabe para compartir as súas experiencias profesionais

Durante a súa intervención, Raquel Arias fixo un percorrido pola súa traxectoria vital, desde...

Quiroga destina 22.600€ a “Un Soño de Nadal”

Esta decoración con puntos estratéxicos nos que se concentrará a maior parte da decoración:...

A Piscina Municipal Climatizada de Chantada faise máis accesible

Despois de renovar antes do verán o sistema de ventilación das salas de ximnasia,...