HomeComarca de QuirogaQuirogaO Goberno inclúe a Quiroga nunha declaración de ‘zonas catastróficas’

O Goberno inclúe a Quiroga nunha declaración de ‘zonas catastróficas’

Este concello figura entre os 45 territorios de nove comunidades autónomas afectados por emerxencias entre setembro e outubro. A declaración, denominada actualmente como “zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil’ permitirá activar axudas para compensar os danos ocasionados polos incendios e outros fenómenos extremos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello de Ministros aprobou o martes 27 de outubro declarar a 45 territorios, entre eles Quiroga, como zonas afectadas gravemente por unha emerxencia de protección civil, anteriormente coñecidas como zonas catastróficas. A declaración ten en conta os prexuízos ocasionados ao seu territorio por mor dos incendios forestais, choivas intensas, tormentas e inundacións que houbo entre o 13 de setembro e o 20 de outubro.

“Esta declaración permitirá activar liñas de axuda para compensar os danos sufridos por persoas e institucións en aplicación do principio de solidariedade entre territorios e para complementar a actuación das administracións autonómicas e locais”, explicou a ministra e portavoz do Goberno, Elma Saiz, durante a rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros.

Esta declaración vén motivada polo incendio que o pasado mes de setembro afectaba a zona de Malcatán, entre Campos de Vila e Penas Rubias que afectou a 420 hectáreas do concello quirogués. O incendio iniciábase na tarde do 15 de setembro e non se estabilizaría ata dous días despois. Para a súa extinción habería que agardar uns días máis.

A Xunta de Galicia decretaba daquela, durante varias horas, o nivel 2 neste incendio como medida preventiva pola proximidade do lume aos núcleos de As Barxas, a Casa do Vello e Penas Rubias. Afortunadamente este nivel de alarma quedaba retirado poucas horas despois condicionado pola mellora da situación.

ÚLTIMAS

Raquel Arias, regresa ao IES Río Cabe para compartir as súas experiencias profesionais

Durante a súa intervención, Raquel Arias fixo un percorrido pola súa traxectoria vital, desde...

Quiroga destina 22.600€ a “Un Soño de Nadal”

Esta decoración con puntos estratéxicos nos que se concentrará a maior parte da decoración:...

A Piscina Municipal Climatizada de Chantada faise máis accesible

Despois de renovar antes do verán o sistema de ventilación das salas de ximnasia,...

O equipo da Fundación Breogán, con integrantes da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, recibiu as súas novas equipacións

A Fundación Breogán celebrou un acto de entrega de equipacións deportivas ao seu equipo...