A Área de Igualdade do Concello de Ribas de Sil informa da posta en marcha da ‘Ludoteca Corresponsable’, un servizo destinado a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral. Desenvolverase durante o mes de novembro, de luns a venres, e será de balde para o alumnado do CEIP de San Clodio.
Para informarse, aconsellan contactar cos Servizos Sociais do Concello de Ribas de Sil, ben presencialmente ou a través do teléfono 982 428 237.
Esta iniciativa forma parte do Plan Corresponsables 2026, para o que o Concello recibiu unha subvención de 17.660,50 € destinada a financiar servizos de conciliación familiar e actividades de formación e sensibilización. O programa conta con financiamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, e do Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

