A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en sinal de respecto polo loito nacional decretado polo Goberno de España con motivo da traxedia ferroviaria de Ardu, Toledo. O Equipo de Goberno, en nome de toda a Corporación Municipal, traslada o seu máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como a súa solidariedade con todas as persoas afectadas por este grave accidente.
A programación do Mercado incluirá actividades infantís e familiares vinculadas ao Samaín, como obradoiros para nenos e nenas, unha xincana temática, pintacaras e unha sesión de contos e lendas relacionadas con esta tradición.
As inscricións nas actividades realizaranse quince minutos antes do inicio de cada unha delas, ata completar as prazas dispoñibles.
O Mercado de Outono busca impulsar a actividade comercial e económica da cidade, dar visibilidade aos produtos de tempada e apoiar o traballo dos produtores e comerciantes da contorna. Con esta iniciativa, o Concello aposta tamén por dinamizar a Praza de Abastos e ofrecer á veciñanza unha proposta que combina comercio de proximidade, gastronomía e actividades de lecer para todas as idades.
PROGRAMA DO MERCADO DE OUTONO 2026
- 10:00 h. Apertura do mercado.
- 12:00 a 14:00 h. Obradoiros infantís “Benvido Outono”.
- 17:00 a 18:30 h. Xincana do Samaín, organizada por grupos de idade, con tres pases, un cada media hora.
- 17:00 a 18:00 h. Pintacaras tenebroso.
- 18:30 a 19:30 h. Contos e lendas do Samaín.
- 19:30 a 20:30 h. Produtos elaborados “con sabor a outono”.

