HomesociedadeO CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade...

O CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade dunha candidatura á directiva

A Asemblea Xeral Extraordinaria do Centro Comercial Urbano de Monforte, celebrada na noite do xoves 29 de outubro, deixou un primeiro resultado esperanzador para o futuro da entidade: varias persoas asociadas manifestaron a súa disposición a implicarse no relevo da actual Xunta Directiva e traballar para garantir a continuidade da asociación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O interese expresado durante a asemblea, xunto co trasladado por teléfono por outros socios, permite afrontar con maior optimismo unha situación marcada nos últimos meses pola ausencia dun equipo disposto a asumir esa responsabilidade. A actual Xunta Directiva e a xerencia valoran positivamente esta resposta, que abre a posibilidade de constituír, polo menos, unha candidatura.

O seguinte paso será celebrar canto antes unha reunión entre as persoas que amosaron esa disposición, co obxectivo de concretar o seu compromiso e avanzar na formación dun posible equipo directivo. A intención é convocar proximamente o proceso electoral e completar o relevo o antes posible. O calendario comunicarase aos asociados unha vez concretado.

A asemblea do xoves fora convocada como un último chamamento para abordar a continuidade do CCU, tras a xornada de traballo celebrada o pasado 15 de outubro. Naquela sesión púxose de manifesto a necesidade de obter unha resposta do colectivo ante o risco de que a falta de relevo levase á disolución da entidade.

O mandato ordinario da actual Xunta Directiva rematou en novembro de 2025 e ás eleccións convocadas en xaneiro de 2026 non se presentou ningunha candidatura. Ante esa situación, a directiva aceptou prolongar excepcionalmente a súa dedicación e, xunto coa xerencia, mantivo a actividade da asociación mentres se intentaba facilitar a transición a un novo equipo.

A disposición manifestada agora por varios socios supón un avance importante nese proceso. Aínda quedan pasos por concretar, pero o encontro abre unha perspectiva máis favorable para a continuidade do CCU. A asociación agradece a participación e o interese das persoas que responderon ao chamamento e destaca especialmente a vontade de quen está disposto a asumir novas responsabilidades.

ÚLTIMAS

Plácida Pérez Pazos, nova centenaria en Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a...

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...