HomesociedadeO 4 de novembro ábrese a inscrición nos obradoiros de envellecemento activo...

O 4 de novembro ábrese a inscrición nos obradoiros de envellecemento activo que organiza o concello de Monforte

A oferta formativa, promovida desde a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, é de balde e está dirixida principalmente a persoas maiores de 55 anos. Inclúe tres obradoiros de alimentación saudable, cosmética natural e arte floral. Desenvolveranse entre novembro e decembro no Espazo Gastronómico da Praza de Abastos de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta iniciativa está impulsada polo Concello de Monforte en colaboración coa entidade FORMAVIGO e ten por obxectivo fomentar hábitos saudables, promover o benestar persoal e favorecer a participación social e o intercambio de experiencias entre xeracións.

A programación inclúe un obradoiro de alimentación saudable, os días 16 e 18 de novembro; un de cosmética natural, os días 23, 25 e 30 de novembro; e un de arte floral interxeracional, os días 27 de novembro e 11 de decembro.

Todas as sesións desenvolveranse en horario de 16:30 a 20:30 horas no Espazo Gastronómico da Praza de Abastos de Monforte, e serán impartidas por monitoras especializadas.

As actividades están dirixidas preferentemente a persoas maiores de 55 anos, cun carácter interxeracional no caso do obradoiro de arte floral, que busca promover a participación conxunta de persoas maiores e menores ou adolescentes nun espazo de convivencia, aprendizaxe compartida e intercambio de experiencias.

O prazo de inscrición comezará o 4 de novembro de 2026, ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata completar as prazas dispoñibles. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición na Secretaría dos Servizos Sociais Municipais, situada no Paseo do Malecón, s/n, en horario de 09:00 a 14:00 horas. No caso de quedar prazas libres, poderán participar persoas que non cumpran o requisito de idade.

Con esta iniciativa, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade continúa impulsando actividades que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, fomentar hábitos de vida saudables e reforzar as relacións sociais, facendo especial fincapé na convivencia e na aprendizaxe entre xeracións.

O taller de alimentación saudable estará impartido por Estefanía Montes, dietista e cociñeira. A partir dos 55 anos a alimentación incide en como vives. Unha nutrición adaptada é a clave para o benestar integral: Saúde física (Protexe o corazón, fortalece ósos e músculos e prevén enfermidades) e Saúde mental (Alimenta a memoria, mellora o estado de ánimo e mantén a mente áxil e activa).

Estefanía Montes tamén impartirá o obradoiro de cosmética e limpeza natural para aprender a coidar e nutrir a pel e a saúde aforrando con ingredientes de proximidade.

O taller de arte floral ten por obxecto conectar xeracións no Nadal. Un espazo único onde maiores e novos unen mans e creatividade para darlle vida á maxia do Nadal e deseñar centros de mesas e coroas florais mentres se comparten historias e tradicións.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...