HomePolíticaA CIG celebra este 4 de novembro unha asemblea aberta en Monforte...

A CIG celebra este 4 de novembro unha asemblea aberta en Monforte para impulsar a participación na folga xeral do día 11

A asemblea celebrarase este mércores 4 de novembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa Sindical de Monforte, e contará coa participación do Secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, que abordará os motivos da convocatoria e a importancia de construír unha resposta colectiva fronte á situación económica e social.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convoca unha asemblea aberta en Monforte co obxectivo de informar, debater e mobilizar a clase traballadora e ao conxunto da sociedade ante a foga xeral convocada para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema «Galiza en loita por unha vida digna».

Desde a CIG denuncian que o encarecemento do custo da vida, a dificuldade cada vez maior para acceder a unha vivenda digna, a precariedade laboral e a perda de poder adquisitivo “están deteriorando as condicións de vida das maiorías sociais. Unha realidade que afecta especialmente á clase traballadora e á mocidade, mentres os salarios non medran ao ritmo dos prezos e os beneficios empresariais continúan aumentando”.

A isto engaden o deterioro dos servizos públicos, os recortes e a falta de recursos para atender as necesidades sociais, “fronte ao incremento do gasto militar, que supón unha aposta política e económica que vai en detrimento dos investimentos necesarios para garantir dereitos e benestar”.

A folga xeral do 11 de novembro pretende ser unha resposta contundente a esta situación e unha chamada á mobilización para reclamar condicións de vida e traballo dignas, salarios que permitan vivir, acceso á vivenda, servizos públicos fortes e capacidade para decidir sobre o futuro económico e social de Galiza.

A CIG fai un chamamento á participación nesta asemblea aberta, dirixida á afiliación, ás persoas traballadoras, aos colectivos sociais e ao conxunto da cidadanía, “porque a folga xeral constrúese coa implicación e a participación de todas e todos para ser unha resposta contundente a esta situación e unha chamada á mobilización para reclamar condicións de vida e traballo dignas”, conclúe o sindicato.

ÚLTIMAS

Monforte comeza este 4 de novembro a mellora de varios parques infantís

O Concello de Monforte inicia actuacións destinadas á mellora, conservación e renovación de varias...

Quiroga celebra o San Martiño do 6 ao 11 de novembro

O venres día 6 de novembro, ás sete da tarde, a Casa da Cultura...

Espertamonforte: “Cun Consello Escolar Municipal, o problema das traballadoras da limpeza dos colexios atallaríase moito antes”

Para Espertamonforte, o mellor exemplo da utilidade dun Consello Escolar Municipal é a situación...

Villares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un...