Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na que catro aspirantes conseguiron acertar as cen preguntas do exame, suscitaron interrogantes que merecen unha resposta clara e fundamentada. A este respecto aseguran que “non se trata de cuestionar os resultados obtidos por ningunha persoa nin de poñer en dúbida o traballo do tribunal cualificador, senón de garantir que todas as persoas participantes teñan a certeza de que o procedemento se desenvolveu con absoluta transparencia e igualdade de oportunidades”.
Piden que o tribunal responsable do proceso examine as reclamacións presentadas e ofreza as explicacións necesarias sobre a elaboración, custodia e desenvolvemento das probas, respectando en todo momento a súa independencia; e esperan que o Concello, como administración convocante, facilite estas cuestións para que as persoas aspirantes reciban unha resposta axeitada.
“A transparencia é a mellor maneira de despexar calquera dúbida e preservar a confianza nos procesos de acceso ao emprego público”, conclúen.

