O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta, ‘As poetas da montaña‘, que fusiona versos e música para reivindicar o legado literario feminino. O grupo está integrado por Esperanza Iglesias, soprano; Carmen Prendes, contralto; Fernando G. Jácome, tenor; e Antón Castro, baixo. Durante o concerto haberá acompañamento musical do pianista Raúl Rodríguez, e tamén se proxectarán vídeos nos que escoitaremos ás poetas falar de montaña, muller e poesía.
A cita está programada para este domingo 8 de novembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura da Pobra do Brollón. No concerto-recital soarán os versos de poetas contemporáneas vinculadas á montaña lucense, entre elas, a guímara Olga Novo.
‘As poetas da montaña’ conta co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.

