HomesociedadeA cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A inauguración, con gran acollida de público, tivo lugar este sábado 7 de novembro ás 12:00 horas. A instalación, que dará servizo ás persoas usuarias do Complexo Deportivo da Pinguela e ao público xeral, terá un amplo horario de atención e adaptarase ás necesidades de eventos e competicións deportivas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas usuarias da Piscina Municipal, Pavillón Polideportivo e Ximnasio Municipal, e tamén ao público xeral. Deste xeito, lembran dende o Equipo de Goberno, “o acceso á instalación é libre e aberto a toda á cidadanía”.

A primeira xornada de actividade, este sábado 7 de novembro, contou coa visita do Equipo de Goberno e rexistrou unha importante participación de público.

A INSTALACIÓN

A instalación, completamente renovada, dispón dun espazo de 105 metros cadrados, con barra, mobiliario interior e unha ampla cristaleira con vistas ás piscinas. A súa apertura permite completar os servizos que ofrece o Complexo Deportivo da Pinguela, que reúne nunha mesma infraestrutura a Piscina Municipal, o Pavillón Polideportivo e o Ximnasio Municipal.

Ademais dunha ampla variedade de bebidas quentes e frías, snacks e bocadillos, haberá un espazo corner tipo ‘self service’ para un servizo sen esperas. Coa apertura deste novo espazo búscase tamén, como na etapa anterior á reforma das instalacións, que a cafetería sexa un lugar de “ambiente familiar e trato amable”.

A cafetería funcionará de xaneiro a decembro, co seguinte horario:

De luns a venres: de 8.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. o Sábados: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas. Domingos e festivos: de 10.30 a 14.30 horas.

Ademais, o horario adaptarase ás necesidades derivadas da celebración de competicións e torneos deportivos que teñan lugar no Complexo Deportivo da Pinguela, co obxectivo de ofrecer servizo ás persoas deportistas e ao público asistente a estes eventos.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...