HomeDeportesInscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en...

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

A concellaría de Deportes do Concello de Chantada organiza por terceiro ano esta carreira que ten como peculiaridade que as persoas participantes poden ir disfrazadas, escollendo para estas datas a temática do Nadal. Na pasada edición, das máis de 200 persoas inscritas, máis de medio cento correron con disfraces de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día 24 de decembro. A inscrición é gratuíta podendo participar da carreira atletas federados/as e non federados/as. Establécese dorsal 0 a favor de AFA Chantada (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer)

A proba desenvolverase no casco urbano e contempla diferentes distancias, segundo idades: 5km para adultos, 1km para menores de entre 6 e 12 anos e 200 metros para rapazada de entre 4 e 6 anos. A rapazada maior de 12 anos poderá participar na carreira de 5Km en compaña dun adulto ou co consentimento do representante legal.

Esta cita deportiva rematará cunha chocolatada con churros e entrega de trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as masculino e feminino na competición xeral. Para os mellores disfraces establéncense premios económicos a nivel individual ou por equipos (mínimo 5 integrantes):

  1. Individual       120€          1º Equipo  280€
  2. Individual         80€          2º Equipo  150€
  3. Individual         60€          3º Equipo  100€
  4. Individual         40€          4º Equipo    80€
  5. Individual         30€          5º Equipo    60€

Todos/as os/as participantes nas categorías infantís recibirán medalla. Na Praza de Galicia terá lugar o comezo das probas. A carreira de 4 a 6 anos iniciarase ás 17:15h, 15 minutos despois comezará a rapazada de 6 a 12 anos, para comezar ás 18:00h a carreira de adultos.

Esta proposta deportiva no corazón de Galicia na que cada ano se dan cita decenas de persoas, moitas delas correndo disfrazadas, ten por obxectivo fomentar a práctica do deporte ao tempo que se impulsa a convivencia e a creatividade nun ambiente festivo propio das Festas de Nadal.

ÚLTIMAS

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...