HomesociedadeFolgoso do Courel homanexeu a súa castaña

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

Este sábado celebrouse a XXXVII Festa da Castaña do Courel, que tivo lugar en Folgoso do Courel, e que contou coa colaboración do concello, da AGACAL e da Deputación Provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran capacidade de convocatoria, que moitos anos chega a reunir en torno ás 2.000 persoas, converténdose nunha das citas gastronómicas destacadas do outono na montaña lucense.

O deputado de Medio Ambiente e alcalde da Fonsagrada, Carlos López, participou desta cita que homenaxea a castaña, un dos produtos máis representativos da identidade e da economía rural galega. Galicia concentra máis da metade da produción española, o que dá unha idea da importancia deste froito e da tradición que existe arredor do seu cultivo, transformación e aproveitamento. No caso da montaña lucense, os soutos forman parte tamén da paisaxe e do patrimonio natural e cultural do territorio.

A programación comezou ás 12:30 horas coa actuación dunha agrupación musical. Unha hora despois tivo lugar o pregón, a cargo do cociñeiro Julio Mato, e a entrega de premios do VII Concurso de Tapas Castaña do Courel, unha iniciativa que destaca as posibilidades culinarias deste produto e a súa presenza na gastronomía local. Durante a tarde contouse con actuacións musicais e as degustacións gratuítas de castañas e viño nunha celebración que alcanza xa a súa trixésimo sétima edición.

A institución provincial colabora con esta cita a través do Plan Deputación, o principal instrumento de cooperación económica da institución provincial cos concellos. O programa garante unha aportación mínima a cada un dos 67 concellos da provincia e consta dunha parte variable en función de criterios obxectivos, como a poboación, a dispersión demográfica e o envellecemento. Conta, ademais, coa vantaxe de que os concellos teñen autonomía para dicidir a que destinen os fondos aportados pola Deputación a través deste plan, cuxo obxectivo é contribuír ao equilibrio territorial e que en 2027 alcanzará os 25 millóns de euros, 2,25 máis que no exercicio vixente, segundo o proxecto de Orzamentos que se aprobará no pleno deste mes.

Festa da Castaña do Courel 2026 / Vicepresidencia Deputación Provincial de Lugo

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...