HomeTerra de LemossanidadeA Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

Dende o BNG local sinalan que a "masiva concorrencia ás rúas demostra o fartádego dunha veciñanza que se nega a aceptar unha atención sanitaria de segunda". A organización política participou no acto, no que a responsable local do BNG, Patricia Varela, foi unha das encargadas de ler o manifesto veciñal xunto ao deputado autonómico por Lugo, Iago Suárez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito continuo. Segundo apunta a plataforma, as outras dúas prazas cúbrense con parches temporais por horas e días, o que rompe a necesaria continuidade asistencial. A isto súmase a precaria situación do consultorio de Currelos, que carece de substitucións en caso de baixas ou vacacións, e a redución ao mínimo da atención pediátrica no municipio.

O BNG do Saviñao fai unha valoración moi positiva da mobilización cidadá celebrada o sábado, 7 de novembro, fronte ao centro de saúde de Escairón. A formación considera que a protesta, convocada pola Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao, que reuniu a centos de veciños e veciñas, supuxo un “éxito rotundo e un punto de inflexión na loita social do municipio contra o progresivo desmantelamento dos servizos asistenciais no rural”.

Patricia Varela asegura apoiar integramente as demandas esixidas durante a marcha, “non podemos tolerar que un concello con dúas frontes asistenciais vexa recortados os seus dereitos mentres as listas de espera para unha consulta ordinaria chegan xa ás dúas semanas”.

Os nacionalistas avanzaron que a formación dará continuidade a esta mobilización na rúa trasladando a presión institucional directamente ao Parlamento de Galicia. O grupo parlamentario do BNG esixirá á Consellería de Sanidade a cobertura total, inmediata e estable de todas as vacantes sanitarias en Escairón e Currelos.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...