Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos ao quedar atrapada baixo o vehículo mentres facía unha manobra. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse nunha pista que sae da LU-617, en Moreda, Monforte.
Foi unha veciña, á que acudiron para pedirlle axuda, a que alertou o 112, xa que a persoa atropelada estaba atrapada baixo o vehículo. Así, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Monforte, ademais de pedir a colaboración dos profesionais do 061. Ata o lugar desprazouse un equipo médico, axentes de Tráfico e un equipo de bombeiros que prestou axuda para acceder á vítima.

