Homesociedade'Miconcurso de tapas', iniciativa dos Lactourus para dinamizar a hostalería de Monforte

‘Miconcurso de tapas’, iniciativa dos Lactourus para dinamizar a hostalería de Monforte

A primeira edición desta iniciativa, que se celebrará os días 18 e 19 de novembro, permitirá fomentar a micoloxía e gozar de dúas xornadas de gastronomía e convivencia en distintos establecementos da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Micolóxica Os Lactouros organiza os vindeiros mércores 18 e xoves 19 de novembro a primeira edición do Miconcurso de Tapas, unha nova proposta que combina gastronomía, micoloxía e convivencia. Con esta iniciativa, a asociación pretende achegar a cultura micolóxica á cidadanía dun xeito lúdico e participativo, ao tempo que contribúe a dinamizar a hostalaría local.

No transcurso das devanditas xornadas, as persoas participantes realizarán un percorrido por diferentes establecementos hostaleiros de Monforte compartindo tapas, consumicións, e bos momentos arredor da gastronomía. Para participar neste concurso cómpre pagar 25 euros por persoa, importe que permite obter unha tarxeta que inclúe as tapas e consumicións dos dous días. A organización facilita o teléfono de contacto 671 473 982 para calquera información adicional sobre a dinámica do evento.

Cogomelos. Foto: Os Lactouros.
PROGRAMA DO CONCURSO

Mércores 18 de novembro

– 20.30 h. Punto de encontro no Río Sol.

– 21.00 h. Bar A Cepa.

– 21.30 h. Pizzería Versalles.

Xoves 19 de novembro

– 20.30 h. Punto de encontro no Molinón.

– 21.00 h. MC.

– 21.30 h. Esmorga.

Dende Os Lactouros animan á veciñanza a participar nesta primeira edición dunha iniciativa que pretende converterse nunha oportunidade para compartir a afección pola micoloxía, descubrir sabores e desfrutar do ambiente dos locais de Monforte. Así mesmo, esperan poder darlle continuidade nos vindeiros anos.

ÚLTIMAS

Interrompida a circulación ferroviaria entre Sanclodio-Quiroga e Monforte

Adif vén de comunicar na súa páxina web e nas redes sociais unha interrupción...

FEARS celebra o 12 de decembro en Pantón un foro sobre o futuro da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

No encontro reflexionarase colectivamente sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e...

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e...

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...