HomePolíticaO PP de Monforte non participará nos actos municipais do 25N

O PP de Monforte non participará nos actos municipais do 25N

Katy Varela afirma que “non sería coherente formar parte dunha programación institucional de concienciación e defensa das mulleres mentres o PSOE continúa mantendo o seu apoio político a un alcalde investigado por denuncias desta natureza”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte anuncian que non participarán nos actos organizados polo goberno local polo 25N xa que “a loita contra a violencia cara ás mulleres esixe compromiso, coherencia e exemplaridade todos os días do ano, algo que non están a demostrar dende o goberno local”.

A voceira popular asegura que tres mulleres prestaron declaración ante o xuíz en relación cos feitos denunciados e considera que esta situación esixe unha reflexión sobre a responsabilidade de quen representa á institución municipal, “investigación xudicial non está pechada e a Fiscalía Provincial apreciou a existencia de dúbidas sobre se as condutas denunciadas podían ser constitutivas de delitos contra a liberdade e a dignidade das persoas”.

A este respecto, os populares defenderán no vindeiro pleno unha moción con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres para reforzar a concienciación social e reivindicar a necesidade de combater todas as formas de violencia, “pero tamén de evitar calquera tipo de dobre discurso nesta materia. O compromiso coas mulleres demóstrase tamén coas decisións políticas, coa defensa da súa dignidade e coa esixencia de responsabilidades cando xorden situacións que poden comprometer a credibilidade das institucións”, explica Katy Varela.

De cara á cita do 29N, os populares de Monforte apelan á necesidade de apostar por outra forma de facer política, baseada na responsabilidade, no respecto ás persoas e na defensa dos valores democráticos, “un proxecto que ten en Núñez Feijóo un referente nacional e que aspira a recuperar a confianza dos cidadáns cunha política de feitos, compromiso e respecto ás institucións”.

ÚLTIMAS

Ximena Prats e Noa Díaz reciben as medallas do COE ao mérito deportivo

As piragüistas do Club Quixós, Noa Díaz e Ximena Prats, xa teñen nas súas...

Vendaval do 19 ao 22 de novembro en Monforte, A Pobra do Brollón e Ferreira de Pantón

O calendario ábrese cunha proposta especial que vincula a creación audiovisual coa gastronomía, seguida...

Éxito total do ‘Saborea e canta o outono’ cunhas 250 persoas participantes

O evento dinamizador da hostalería do sur de Lugo "Saborea e Canta o Outono"...

Máis de 70 deportistas participaron no Cross Escolar do Circuíto das Lamas en Monforte

Na competición participaron nenos e nenas procedentes dos concellos de Monforte de Lemos, Quiroga,...