HomesociedadeInscricións abertas ata o 9 de decembro para participar no Mercado de...

Inscricións abertas ata o 9 de decembro para participar no Mercado de Nadal de Monforte

O Mercado de Nadal 2026 terá lugar na Praza de Abastos de Monforte durante a fin de semana dos días 19 e 20 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde este mércores, 18 de novembro, ata o 9 de decembro. As persoas interesadas poderán presentar o modelo normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Monforte de Lemos (Campo San Antonio, S/N), na sede electrónica  ou ben  por correo electrónico no enderezo emprego_pe@concellodemonforte.com.

O alcalde, José Tomé, lembra que o Mercado de Nadal “é unha iniciativa de apoio e impulso ao sector artesanal e comercial da contorna e tamén unha oportunidade para que as empresas dean a coñecer os seus produtos. O obxectivo principal é fomentar as compras propias destas datas nas tendas da nosa localidade, apoiando así o noso comercio de proximidade”. O mercado combinarase con diversas actividades culturais e musicais de entretemento nun ambiente cargado de espírito navideño.

O Mercado de Nadal contará cun máximo de 16 postos de venda. Poderán presentar solicitude de participación os profesionais legalmente constituídos que acrediten o desenvolvemento dunha actividade económica relacionada coa temática deste mercado. Terán cabida, polo tanto, artesáns, produtores e comerciantes que vendan produtos, creacións ou elaboracións propias do Nadal, como agasallos, xoguetería, complementos e alimentación, entre outros.

O prezo de cada posto de venda será de 6 €/stand/m2/día. Dito importe deberá ser aboado mediante documento de autoliquidación que deberá ser pagado unha vez sexan admitidos. Dito documento será facilitado nas propias dependencias do Concello, ou ben será remitido por correo ou correo electrónico a petición do interesado. As bases completas da convocatoria poden consultarse na páxina web do Concello.

As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

– Modelo de solicitude, debidamente cumprimentada

– Fotocopia D.N.I. do solicitante ou N.I.F. da empresa

– Fotocopia de estar dado de alta no Imposto de actividades económicas (Vixente)

– Copia do último recibo de pago da cota de autónomos ou correspondente réxime da Seguridade Social

– Memoria explicativa da empresa e fotografías recentes dos produtos a vender

ÚLTIMAS

O PP de Monforte non participará nos actos municipais do 25N

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte anuncian que non participarán nos...

Ximena Prats e Noa Díaz reciben as medallas do COE ao mérito deportivo

As piragüistas do Club Quixós, Noa Díaz e Ximena Prats, xa teñen nas súas...

Vendaval do 19 ao 22 de novembro en Monforte, A Pobra do Brollón e Ferreira de Pantón

O calendario ábrese cunha proposta especial que vincula a creación audiovisual coa gastronomía, seguida...

Éxito total do ‘Saborea e canta o outono’ cunhas 250 persoas participantes

O evento dinamizador da hostalería do sur de Lugo "Saborea e Canta o Outono"...