HomeCulturaCertame de Poesía Infantil de Nadal en Monforte

Certame de Poesía Infantil de Nadal en Monforte

Está organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Monforte en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo e ten por obxectivo dinamizar a lectura, promover o uso do galego, e fomentar a creatividade entre as xeracións máis novas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de concovar unha nova edición do Certame de Poesía Infantil de “Nadal 2026” dirixido ao alumnado dos centros de ensino da cidade. As bases foron aprobadas o luns 23 de novembro en Xunta de Goberno e pode accederse a elas dende a web institucional do concello.

O concurso está organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Monforte en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo e ten por obxectivo dinamizar a lectura, promover o uso do galego, e fomentar a creatividade entre as xeracións máis novas.

O Alcalde, José Tomé Roca, anima a todos os nenos, nenas e adolescentes de Monforte, a participar nesta nova edición do certame e lembra que trátase “dunha iniciativa que xa é unha cita tradicional nestas datas que busca achegar a lectura e a creación literaria aos máis novos”. Ademais, engade, “queremos que os escolares teñan a oportunidade de desenvolver as súas capacidades literarias, ao tempo que desde o Concello fomentamos o uso da nosa lingua e o gusto pola lectura e pola escritura”.

ALGÚNS DETALLES DAS BASES

O certame está aberto á participación de nenos e nenas, rapaces e rapazas ata os 16 anos, e establécense tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos. A temática dos poemas é o Nadal e deberán redactarse en galego. As propostas que se presenten poderán ter unha extensión máxima dun folio por unha soa cara e escribirse a computador ou a man (neste último caso con bolígrafo, non lapis) .

A temática dos poemas é o Nadal e deberán redactarse en galego

Cada autora ou autor poderá presentar cantos poemas desexe con cadansúa folla de datos cumprimentada en letra maiúscula lexible. Os datos identificadores irán nesta folla de datos, e non no traballo presentado. Os traballos deberán entregarse na Biblioteca Pública Municipal Lois Pereiro de Monforte antes do 30 de decembro de 2026.

O fallo do xurado farase público no mes de xaneiro do 2027. Os traballos premiados recibirán un diploma acreditativo e un lote de libros como agasallo, e poderán participar na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Ademais, a Biblioteca publicará cada ano un libriño conmemorativo que recolle os traballos premiados o ano anterior.

ÚLTIMAS

Ramón Díaz-Varela López de Margarita Asesores encabeza a candidatura que asumirá a directiva do CCU este 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano de Monforte celebrou este luns, 23 de novembro, a súa...

O Programa Integrado de Emprego de Chantada chega a un cento de persoas desempregadas

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

O Fiadeiro, territorios que conectan, vincula iniciativas do Courel e da Ribeira Sacra

Máis espazos de coordinación, colaboracións concretas que empecen por proxectos pequenos e acceso en...

Novo encontro en Chantada do programa “Fibranzas” para a formación en cestería

A Fundación Artesanía de Galicia continúa co desenvolvemento do seu programa de perfeccionamento Fibranzas....