HomePolíticaO BNG de Monforte demanda mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil

O BNG de Monforte demanda mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil

O grupo municipal do BNG de Monforte de Lemos leva ao Pleno unha moción para que o Concello dea continuidade ao plan de eliminación de barreiras arquitectónicas e actúe primeiro nas zonas onde a veciñanza ten máis dificultades para desprazarse a pé

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro municipal do BNG, Emilio J. Sánchez, asegura que en distintas rúas de Monforte aínda hai beirarrúas estreitas, desniveis, obstáculos e pasos de peóns con pouca iluminación ou sinalización insuficiente, “Nalgúns puntos, a falta de espazo ou de rebaixes obriga a baixar á calzada para seguir o percorrido. Son situacións que afectan especialmente ás persoas maiores, ás persoas con discapacidade ou mobilidade reducida e ás familias que se desprazan con carriños de bebé”.

A moción tamén propón establecer zonas de preferencia peonil nos puntos que o precisen, previo informe da Policía Local. O BNG pide que se revise en particular o itinerario entre o Campo de San Antonio, a rúa Méndez Casal e a Ponte Medieval, atendendo á continuidade dos percorridos accesibles, á localización e á iluminación dos pasos de peóns e á separación entre o tráfico e as persoas que camiñan.

Emilio J. Sánchez destaca que “actuacións como retirar un obstáculo, rebaixar un bordo ou mellorar a iluminación dun paso de peóns poden facilitar os desprazamentos do día a día” e pídelle ao concello que á hora de decidir onde actuar primeiro, “teña en conta os criterios técnicos e escoite as persoas e os colectivos que atopan máis dificultades para moverse por Monforte”.

ÚLTIMAS

Turismo, sector primario e empresas na axenda do PP no sur da provincia

Na visita a Queserías Sarrianas, Francisco Conde, destacou a impacto desta empresa na fixación...

Certame de Poesía Infantil de Nadal en Monforte

O Concello de Monforte vén de concovar unha nova edición do Certame de Poesía...

Ramón Díaz-Varela López de Margarita Asesores encabeza a candidatura que asumirá a directiva do CCU este 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano de Monforte celebrou este luns, 23 de novembro, a súa...

O Programa Integrado de Emprego de Chantada chega a un cento de persoas desempregadas

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...