Ponte Vella deulleo pasado venres 20 de novembro a benvida ao Nadal co acendido da súa iluminación do Nadal nun acto celebrado na planta baixa do centro comercial. A cita contou coa actuación do Coro Cantiga, música de violín e outros acompañamentos que crearon un ambiente especial nesta primeira tarde de Nadal.
Este acendido marca o inicio da programación do Nadal para o Centro Comercial Ponte Vella, que en vindeiras datas ofrecerá propostas de lecer e actividades para compartir en familia. Entre as novidades desta campaña, o centro xa está a preparar a súa pista de xeo natural.

BLACK FRIDAY
Ponte Vella celebrará o Black Friday, unha das citas comerciais máis relevantes do remate de ano. Durante estes días as tendas e establecementos do centro ofrecen promocións e ofertas especiais para que os visitantes poidan anticipar as súas compras do Nadal. Ademais, este domingo 29 de novembro estará aberto.


