HomesociedadeCórtase ao tráfico a estrada provincial entre San Clodio e Alto da...

Córtase ao tráfico a estrada provincial entre San Clodio e Alto da Cruz polas obras de rehabilitación que comezaron este 26 de novembro

A Deputación Provincial informa do comezo das obras de rehabilitación da estrada provincial LU-P-5301, entre San Clodio e Alto da Cruz, en Ribas de Sil, que levará a cabo a empresa Obras y Saneamientos Galicia, S.L.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación, cun investimento de 136.000€, abrangue o tramo comprendido entre os puntos quilométricos 6,200 e 8,198. Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, a mellora da drenaxe e a renovación do pavimento con aglomerado en quente, así como a posterior sinalización viaria.

Con motivo destes traballos, será necesario cortar a circulación neste tramo durante un período previsto de tres días, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Como alternativa, habilitarase un desvío provisional por Torbeo, a través da estrada LU-P-5303.

Esta intervención permitirá mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade viaria nunha estrada importante para as comunicacións do municipio.

ÚLTIMAS

“A cámara escura” este 26 de novembro no Multiusos de Monforte

O Edificio Multiusos de Monforte acolle este xoves, 23 de novembro, ás 20:15 horas,...

Xa é Nadal no CC Ponte Vella de Ourense

Ponte Vella deulleo pasado venres 20 de novembro a benvida ao Nadal co acendido...

Murais, performance e manifestos na celebración do 25N no sur da provincia

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da...

A ‘Quiroga Bike Marathon’ anuncia data para 2027

Os organizadores da "Quiroga Bike Marathon", unha das probas de MTB de referencia no...