HomesociedadeO Concello de Monforte confirma varias subvencións a entidades locais tras a...

O Concello de Monforte confirma varias subvencións a entidades locais tras a correcta xustificación das mesmas

As asociacións en cuestión son a Agrupación Deportiva A Ponte Vella, que percibiu 1.000 €; a Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo, cunha subvención concedida de 3.000 €; Clarisas Centro Purísima Concepción, cunha axuda de 4.000 €, e a Asociación Festival Carude Rock beneficiada con 4.000 €.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de informar da validación da xustificación de axudas concedidas a 4 entidades monfortinas para cubrir gastos da súa actividade durante este ano 2026.

A Xunta de Goberno Local aprobou, días atrás, os expedientes que correspondían ás axudas xustificadas de catro entidades monfortinas dos ámbitos empresarial, cultural e deportivo. As subvencións alcanzan o total de 12.000 euros.

Trátase das xustificacións presentadas pola Agrupación Deportiva A Ponte Vella, que percibiu 1.000 €; a Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo, cunha subvención concedida de 3.000 €; Clarisas Centro Purísima Concepción, por unha axuda de 4.000 €, e a Asociación Festival Carude Rock, que recibiu unha aportación de 4.000 €.

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca o importante traballo que realizan estas entidades en cadanseu ámbito, “por iso desde o Concello colaboramos moi estreitamente con eles, para que estas entidades poidan desenvolver as súas actividades e proxectos nas mellores condicións posibles”.

ÚLTIMAS

O 4 de decembro ás 18:30 Monforte acende o alumeado de Nadal con 1,2 millóns de luces led

O acendido oficial será na antesala da ponte festiva da Constitución, o venres 4...

Os orzamentos municipais do Incio para 2027 ascenden a 2.397.369€

As contas recollen unha partida de 201.000 euros para a pavimentación de accesos aos...

Derradeiros días para inscribirse no Mercado de Nadal de Pantón

As solicitudes deben presentarse antes deste 29 de novembro na Casa da Cultura ou...

Segredos de Pantón organiza unha andaina cultural

A asociación cultural Segredos de Pantón anuncia unha nova actividade para comezos de decembro....