Homesociedade2.734.433 persoas están chamadas a votar en Galicia para decidir 23 deputados...

2.734.433 persoas están chamadas a votar en Galicia para decidir 23 deputados e 16 senadores

Ás 9.15 desta mañá quedaron constituídas as 3.912 mesas electorais que acollen durante este domingo as eleccións xerais en Galicia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste domingo electoral están chamados a votar 2.734.433 electores e electoras, das que 2.217.410 persoas corresponden ao censo de electores residentes (CER) mentres que 517.023 son persoas do censo electoral de residentes estranxeiros (CERE). Un total de 75.980 persoas poderán exercer o dereito ao voto en Galicia por primeira vez.

Estas eleccións elixirán as persoas que ocuparán 23 escanos no Congreso dos Deputados e 16 no Senado polas catro circunscripcións electorais de Galicia.

A Delegación do Goberno realizou nestas semanas varios simulacros do procedemento electoral, co obxectivo de que as próximas horas se desenvolvan coa mesma normalidade que nas pasadas eleccións. En total, está mobilizado un equipo de 260 empregados e empregadas da Delegación e das catro subdelegacións nas provincias.

Votando nunhas eleccións | Fonte: EP

En total hai 3.912 mesas en 2.307 locais electorais. Estas son xestionadas por 11.736 integrantes das mesas. No seguimento e recompilación de datos participan un total de 2.528 representantes da Administración. Ademais, contarán co respaldo de 7.697 efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade. En concreto, 4.241 da Garda Civil; 2.414 da Policía Nacional e 1.042 de Policía Local.

Entre as principais novidades deste proceso electoral, os electores e electoras poden identificarse por primeira vez co DNI dixital, a través da aplicación MiDNI. Para facilitar este procedemento, cada mesa electoral conta cun dispositivo de lectura.

Haberá dous avances de participación: ás 14 e ás 18 horas. Ás 20 horas pecharanse as mesas e empezará o escrutinio, sumando os votos efectuados en mesa coa incorporación dos votos emitidos por correo.

Os representantes da Administración presentes nas mesas realizarán a comunicación dos resultados, que poderán consultarse na web das eleccións xerais, que está xa operativa, https://29neleccionesgenerales.es/ e na aplicación móbil habilitada polo Ministerio do Interior.

ÚLTIMAS

A Fenda Dixital no Rural: modernización ou nova forma de illamento?

Vivimos nunha sociedade na que practicamente todo parece estar ao alcance dun clic. Pedir...

Concurso de decoración de Nadal dirixido á veciñanza de Quiroga

A Concellería de Turismo de Quiroga impulsa un proxecto no que por primeira vez...

Cousas Xacobeas: O Camiño Francés de Lugo a Monforte de Lemos (I)

A apertura da estrada (camiño de segunda orde) entre Nadela e Monforte, pasando pola vila...

O Concello de Monforte confirma varias subvencións a entidades locais tras a correcta xustificación das mesmas

O Concello de Monforte vén de informar da validación da xustificación de axudas concedidas...