HomePolíticaA guía de Monforte, protagonista do último pleno monfortino

A guía de Monforte, protagonista do último pleno monfortino

A guía turistica da cidade, recentemente presentada, e a presunta falta de respecto ao antigo secretario centraron a polémica. Maribel García, do grupo Esperta Monforte, afirma que “o Alcalde de Monforte nin acepta as críticas nin sabe recoñecer os seus erros”.

Publicado o

- Advertisement -

O pleno celebrado no Concello de Monforte este pasado luns, adiado por mor de asuntos persoais que lle impediron estar no anterior ao alcalde, volveu dar que falar e rematou co abandono da sesión pola meirande parte da oposición.

Esperta Monforte puxo enriba da mesa outra vez o tema da guía turística de Monforte afirmando que o equipo de Goberno actual non foi o primeiro que elaborou unha guía destas características.

Guías presentadas por Esperta Monforte para demostrar a existencia doutras anteriores.

A esta afirmación respondeu o portavoz do Psoe Iván Torres que, segundo palabras de Maribel García, non lles deu a razón pero tampouco argumentou en ningún momento a súa negativa. Dende esta formación están convencidos de estar en posesión da verdade sobre este tema e din que demostraron a existencia de guías anteriores onde se fala do patrimonio da cidade e das súas parroquias. En troques, tanto Iván Torres como o propio alcalde José Tomé, optaron por unha postura prepotente e á defensiva, din dende Esperta Monforte.

Ademais do controvertido tema das guías, tamén amosan a súa queixa pola falta de respecto que se tivo durante a sesión ao antigo secretario municipal, José María Baños.

Outra das cuestións formuladas por Esperta Monforte foi o tema de cubrir a súa vacante por outra persoa con dedicación a tempo completo para asumir como corresponde os labores da secretaría local. A esta pregunta contestou Tomé Roca “o señor Baños tampouco se adicaba a tempo completo ao noso concello pois durante dous días á semana compartía función co Concello de Chantada e na actualidade estamos na mesma situación”.

Estes dous temas xeraron polémica, máis se cabe tras acusar ao señor Baños de deslealdade ao equipo de Goberno, segundo refire Esperta Monforte. Esta postura prepotente, engaden, fixo que a meirande parte da oposición abandonase a sesión e demostra unha vez máis a prepotencia e incapacidade de asumir críticas do alcalde.

 

ÚLTIMAS

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...