HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra, cita coa promoción internacional en Prowein

A D.O. Ribeira Sacra, cita coa promoción internacional en Prowein

O Consello Regulador organiza un Túnel do Viño no que 19 adegas da Denominación de Orixe participan achegando máis 44 referencias.

Publicado o

- Advertisement -

A cita con Prowein, que terá lugar en Düseldorf(Alemaña) do 17 ao 19 de marzo, é a primeira da D.O. Ribeira Sacra no estranxeiro, este ano. Despois de estar presente en Fitur, Enofusión, Xantar e no Forum Gastronómico na Coruña; chega unha das feiras profesionais de carácter internacional con máis prestixio, e a D.O. Ribeira Sacra non podía faltar, do mesmo xeito que algunhas das súas adegas a nivel particular.

A Feira de Düsseldorf está repesentada en 141 países por medio de 77 representantes estranxeiros. Trátase dunha cita ineludible para os profesionais do viño e é unha oportunidade excelente para promocionar e dar coñecer os viños de Ribeira Sacra no mercado internacional, onde cada vez son máis demandados e valorados.

Entre o material promocional, a Denominación levará novos exemplares do mapa da Denominación, documento imprescindible para poder percorrela a fondo. Acábanse de editar 10.000 novas unidades.

A D.O. Ribeira Sacra pon rumbo a Prowein despois de participar durante esta semana no Forum Gastronómico que se celebrou na Coruña entre o 10 e o 12 de marzo. Despois da cita de Düsseldorf, as seguintes actividades de promoción internacional da Denominación de Orixe Ribeira Sacra levarana á London Wine e a Vinexpo en Burdeos.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...