HomesociedadeActuacións de concienciación sobre sáude mental en institutos

Actuacións de concienciación sobre sáude mental en institutos

A Asociación Albores Saúde Mental, de apoio aos enfermos mentais e ás súas familias, está levando a centros de ensino do sur de Lugo accións encamiñadas a tomar conciencia e coñecer algo mellor as doenzas relacionadas coa mente.

Publicado o

- Advertisement -

Esta asociación conta con dous Centros de Rehabilitación Psicosensorial e Laboral en Monforte de Lemos e Chantada para poder atender as necesidades de atención psicosocial de persoas con trastornos de carácter mental na zona sur da provincia de Lugo.

Actualmente vén de comezar unha serie de actuacións en institutos da súa zona de acción consistentes en obradoiros de sensibilización ademais dunha mostra fotográfica, concretamente a II Exposición Fotoxénica-Mente.

Así logo, estas actuacións están estruturadas en dúas fases, unha primeira na que se impartirán obradoiros informativos sobre saúde mental e unha segunda consistente en dar a coñecer a II Exposición Itinerante Fotoxénica-Mente no propio centro de ensino.

Os obxectivos que perseguen en Albores Saúde Mental son a prevención das enfermidades mentais, a detección e tratamento precoz das mesmas na adolescencia e a mitigación do estigma asociado ás persoas con enfermidade mental.

O pasado día 13 de marzo desenvolvéronse no IES Río Cabe 2 obradoiros de 50 minutos cada un, sobre saúde mental, dirixidos ao alumnado de 4º de ESO.

Os contidos traballados foron os seguintes:

1-Conceptos básicos: saúde/trastorno mental, tipos de trastornos, características dos mesmos, causas.

2-Estereotipos e prexuízos presentes.

3-Empatía e estigma.

4-O que podes facer ti: como detectar sinais de alarma e achegarse aos recursos dispoñibles.

Definición de ‘estigma’ que se pode ver na exposición fotográfica.

A II Exposición Fotoxénica-Mente chegará ao instituto a principios de abril.

As vindeiras actuacións realizaranse no IES Río Cabe e no IES Ferroviario, dous institutos de Monforte de Lemos, e máis adiante no Courel.

ÚLTIMAS

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...